Onde aprender

Vives en Galicia e queres aprender a bailar lindy hop? Bota unha ollada ás opcións!

Swing On School 

En Vigo, Santiago e O Morrazo.logo1.png

Primeira escola de bailes vintage americanos en Galicia. Actualmente teñen clases regulares de lindy hop en Vigo, Cangas e Bueu. Tamén contan con clases regulares de Balboa en Vigo. Ademáis das clases regulares, Swing On School organiza diferentes obradoiros puntuais. Realizou  talleres puntuais en Ourense e Vilagarcía de Arousa.  En colaboración con Compostela Swing realiza intensivos en Santiago de Compostela.

Máis info na súa web:  http://swingonvigo.com/

Ofrece desconto aos socios e socias de Ghastas Pista Swing.

Compostela Swing

En Santiago dlogocompostelaswing.pnge Compostela.

Compostela Swing é un proxecto liderado por Karen Campos, lindyhopper medio irlandesa medio galega. Estivo uns cantos anos aprendendo as artes do lindy hop en Dublín. Agora Compostela conta con ela para vivir a sacudida do lindy hop! Actualmente imparte en colaboración con Swing  On School cursos intensivos.

Para máis info podes entrar no grupo de facebook Compostela Swing: Compostela Swing

Ofrece desconto aos socios e socias de Ghastas Pista Swing.

 Mayeuswing

 En Vlogoredondo.jpgigo.

Ofrecen clases regulares de lindy hop, claqué, charleston, rock’n’roll e swingKids na súa escola de baile e club social.

Ademáis das clases regulares organizan obradoiros puntuais de diferentes bailes.

Máis info na súa web:  http://mayeuswing.com/

Swing Jazz Lugo

LOGO A 72PP.jpgEn Lugo.

Ofrecen clases regulares de lindy hop e claqué. Tamén organizan cursos intensivos. Pouco a pouco va crecendo a escena na cidade.

Máis info na súa web:  http://swingjazzlugo.blogspot.com.es/

Lindy hop Coruña

A coruña uniuse a bailar ao ritmo swing con clases regulares.

Máis info na web:  http://www.andresyberna.es/

Se coñeces outro lugar onde aprender lindy hop en Galiza ponte en contacto con nós. Esperamos que pronto chegue o swing a todas as cidades, vilas e aldeas galegas !!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s